Comunicación de masas
From Wikipedia, the free encyclopedia
A comunicación de masas é o estudo de como as persoas intercambian a información por medios de comunicación de masas a segmentos grandes da poboación de xeito simultáneo e inmediato. Noutras palabras, a comunicación de masas refírese ao acto de facilitar información a grande escala a unha gran cantidade de persoas. Normalmente relaciónase coa publicación de xornais, revistas e libros, así como a radio, a televisión, o cinema e Internet, xa que estes medios son moi empregados para espallar información, novas ou publicidade. A comunicación de masas diferénciase doutras formas de comunicación, como a comunicación interpersoal ou a organizativa, en que se centra nunha única fonte de emisión de información a un número grande de receptores. O estudo da comunicación de masas vén xustificado polo efecto que ten sobre o comportamento, a actitude, a opinión ou as emocións das persoas que reciben a información.