A Comunidade Andina (en castelán: Comunidad Andina) ou Comunidade Andina de Nacións (CAN), é unha área de libre comercio que ten por obxectivo crear unha unión aduaneira que abrangue os países suramericanos de Bolivia, Colombia, Ecuador, e o Perú. O bloque comercial foi chamado Pacto Andino até 1996, e creouse logo da sinatura do Acordo de Cartaxena en 1969. A súa sede central atópase en Lima, no Perú.

Datos rápidos Localización, Poboación ...
Modelo:Xeografía políticaComunidade Andina
Thumb

Localización
Thumb Editar o valor en Wikidata Thumb
 12°02′00″S 77°01′00″O
Poboación
Poboación109.000.000 (2018) Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua castelá Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
FundadorBolivia, Chile, Colombia, Ecuador e Perú Editar o valor en Wikidata
Creación 26 de maio de 1969:  (Acordo de Cartagena (pt) Traducir) Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano lexislativoParlamento Andino (pt) Traducir , (Escano: 25) Editar o valor en Wikidata
Máxima autoridade xudicialTribunal de Justiça da Comunidade Andina (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
MoedaBoliviano Editar o valor en Wikidata

Páxina webcomunidadandina.org Editar o valor en Wikidata
Facebook: comunidadandina Twitter: comunidadandina Instagram: comunidadandinacan LinkedIn: comunidad-andina-can Youtube: UCmEbUhfaUnFAwnxSbE8iVQA TikTok: comunidadandina Flickr: comunidadandina BNE: XX221002 Editar o valor en Wikidata
Pechar

Membros

Thumb
Estados membros.

O Pacto Andino orixinal foi fundado en 1969 por Bolivia, Chile, Colombia, Ecuador e o Perú. En 1973, o pacto sumou un sexto membro, Venezuela. Porén, en 1976 o número de membros reduciuse a cinco de novo cando Chile se retirou. Venezuela anunciou a súa retirada en 2006, reducindo a Comunidade Andina a catro estados membros.

Debido aos acordos de cooperación con Mercosur, a Comunidade Andina gañou catro novos membros asociados: a Arxentina, o Brasil, Paraguai e o Uruguai. Estes catro membros de Mercosur foron convertidos en membros asociados polo Consello Andino de Asuntos Exteriores reunido nunha sesión ampliada coa Comisión (da Comunidade Andina) o 7 de xullo de 2005. Este movemento corresponde ás accións do Mercosur que concedeu a adhesión asociada a todas as nacións da Comunidade Andina en virtude dos Acordos de Complementariedade Económica (Tratados de Libre Comercio) asinados entre a CAN e os membros individuais do Mercosur.[1]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.