Marrocos

País do noroeste de África From Wikipedia, the free encyclopedia

Marrocosmap
Remove ads

Marrocos[1] (en árabe: المغرب; Al-Magrib, en bérber: ⵍⵎⵖⵔⵉⴱ; lmeɣrib), oficialmente Reino de Marrocos (en árabe: المملكة المغربية; Al-mamlaka al-maḡribiyya, en amazigh: ⵜⴰⴳⵍⴷⵉⵜ ⵏ ⵍⵎⵖⵔⵉⴱ; Tageldit n lmeɣrib) é un país do noroeste de África. A súa longa costa atlántica chega desde o Sáhara Occidental ata o estreito de Xibraltar para dar ao mar Mediterráneo (ao norte), e continúa cara ao leste ata chegar a Alxeria, coa que limita ao leste e sueste.

Datos rápidos Himno, Lema ...
Remove ads

Historia

Artigo principal: Historia de Marrocos.
Thumb
Agadir, Marrocos.
  • 1894 : Morte de Mulai-al-Hasan. Proclamación do novo sultán, o novo Mulai Abd el Aziz. Pero o verdadeiro poder ostentábao Ba Ahmed, quen mostra a influencia dos elementos negros nos asuntos marroquís.
  • 1900 : As finanzas marroquís prosperan grazas aos resultados da acción económica de Mulai-al-Hasan. Isto garántelle a Marrocos a independencia nacional.
  • 1900 : Morte de Ba Ahmed que é substituído polo pródigo Mulai Abd el Aziz. As súas dispensas favorecen a intervención dos organismos de crédito europeo integrados pola banca de París e dos Países Baixos.

O Protectorado Francés

  • 1902-1912: A penetración económica europea intensifícase até tal punto que o sultán Mulai Hafid, irmán de Mulai Abd el Aziz, é forzado a asinar en 1912 o tratado de protectorado na convención de Fez.
  • 1907: As forzas francesas deben intervir para protexeren os seus nacionais.
  • 1907-1910: Hubert Lyautey pacifica Marrocos oriental, o xeneral Drude, que sucede o xeneral Amade, debe pacificar Marrocos occidental.
  • 1911: As tropas francesas teñen que librarse do sultán asentado en Fez. Esta intervención provoca a segunda crise marroquí.
  • 1912: Hubert Lyautey é nomeado xeneral residente de Francia, o que provoca a sublevación das tribos. Mouley Youssef substitúe o sultán Mulei Hafid, que ve a súa autoridade afianzada en Marrocos.

Primeira guerra mundial

  • 1915: Hubert Lyautey recibe a orde de París de retirar as tropas do interior para envialas a Francia. Esta evacuación parece prematura na medida en que a pacificación se encontra agora co problema dos movementos rebeldes sostidos polos alemáns.

Sáhara occidental

Marrocos anexionouse de feito parte do Sáhara Occidental en 1976, tras acordar España a súa independencia, pero a resolución final sobre o status do territorio queda en suspenso en espera dun referendo organizado pola ONU, que se viu aprazado varias veces a causa dun desacordo de Marrocos sobre o censo do corpo electoral elaborado pola ONU.

Remove ads

Política

Marrocos é unha monarquía parlamentaria.

Xeografía

Os países limítrofes son Sáhara Occidental ao sur e Alxeria ao leste e ao sueste. A certa distancia da costa atlántica atópanse as Illas Canarias, Madeira e as Salvaxes. Ao norte do estreito de Xibraltar atópase a Península Ibérica.

Hai tamén catro enclaves españois situado ao longo da costa mediterránea: Ceuta e Melilla no mesmo continente e Peñón de Vélez de la Gomera e Peñón de Alhucemas como illotes próximos; así como varios illotes Perexil e Chafarinas. A existencia destes territorios é unha fonte de tensión entre os dous estados.

A capital é Rabat. Entre as vilas salientables atópanse Casablanca, Agadir, Fez, Marrakech, Mequinez, Tánxer ou Tetuán.

Economía

Artigo principal: Economía de Marrocos.

Cultura

Thumb
Ahidus en 2002.

Linguas

O idioma oficial de Marrocos é o árabe clásico; é a lingua da lexislación, aínda que as leis tamén se traducen ao francés e ás veces ao español.

A lingua maioritaria falada pola poboación é o árabe marroquí, cada día máis influído pola chamada lingua culta. De feito, existe unha diglosia e, incluso unha triglosia. O rei marroquí cando quere que un discurso chegue a todo o mundo vese obrigado a utilizar o árabe dialectal.

As zonas rurais berberófonas, nos seus tres dialectos das linguas bérberes (tarifit, tamazight e tachelhit) empregan a súa lingua diariamente.

A lingua francesa é a lingua do comercio; e a ensinanza superior impártese en francés.

Nas cidades de Tetuán e Nador o coñecemento e uso do español é elevado; tamén na poboación saharauí do antigo Sáhara Español; na maior parte da poboación de Larache, Tánxer, Al-Hoceima e Ifni é usual. Existen grupos de hispanofalantes en cidades como Rabat, Agadir, Kenitra, Casablanca, Taza, Fez, Marrakech, Mequinez e Uxda. Actualmente, existen seis centros do Instituto Cervantes, sendo unha das maiores concentracións nun só país desta institución encargada da difusión da lingua española no mundo.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads