Comunidade do Caribe
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Comunidade do Caribe (CARICOM, polas súas siglas en inglés) (en castelán: Comunidad del Caribe, en francés: Communauté Caribéenne, en inglés: Caribbean Community, en neerlandés: Caribische Gemeenschap) é unha organización internacional para o fortalecemento das relacións na rexión do Caribe cuxa sede atópase en Georgetown, Güiana. Foi fundada en 1973 polo Tratado de Chaguaramas (Trinidad e Tobago) e substituíu a Asociación Caribeña de Librecambio que fora creada en 1965.
Este artigo ou sección precisa revisión por alguén que saiba deste tema. Se ten eses coñecementos mellore este artigo. (Desde xaneiro de 2022.) |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Poboación | |||||
Lingua oficial | lingua inglesa lingua castelá lingua neerlandesa | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 4 de xuño de 1973 | ||||
Organización política | |||||
Membro de | |||||
Páxina web | caricom.org | ||||
É unha organización de 15 nacións do Caribe (principalmente do Caribe anglófono) e dependencias británicas. Os membros de pleno dereito son: Antiga e Barbuda, Barbados, Belize, Dominica, Granada, Güiana, Haití, Xamaica, Montserrat, Saint Kitts e Nevis, Santa Lucía, San Vicente e as Granadinas, Suriname e Trinidad e Tobago (as Illas Virxes Británicas e as Illas Turks e Caicos son membros asociados). As Bahamas pertencen á Comunidade pero non ao mercado común creado no seu seo, mentres que Aruba, Colombia, Curaçao, México, Porto Rico, República Dominicana, San Martiño e Venezuela son países observadores. A sede da CARICOM atópase en Georgetown, Güiana.
A comunidade do Caribe desenvolve tres actividades principais: a cooperación económica a través do Mercado Común do Caribe, a coordinación da política exterior e a colaboración en campos como a agricultura, a industria, o transporte ou as telecomunicacións.
Os principais obxectivos da CARICOM son: promover a integración económica e a cooperación entre os seus membros, así como asegurar que os beneficios da integración se distribúan equitativamente, e coordinar a política exterior. As súas principais actividades inclúen a coordinación das políticas económicas e a planificación do desenvolvemento, a elaboración e a institución de proxectos especiais para os países menos desenvolvidos dentro da súa xurisdición; funcionar como un mercado rexional único para moitos dos seus membros (Mercado Único da CARICOM), e a resolución de conflitos comerciais rexionais.
Dende a creación da Comunidade do Caribe, o inglés é o idioma oficial da organización. A CARICOM converteuse en plurilingüe na práctica coa adición de Suriname, de fala neerlandesa, o 4 de xullo de 1995, e Haití, onde se falan francés e crioulo haitiano, o 2 de xullo de 2002.
O 5 de xullo de 2001 en Nassau, Bahamas, os Xefes de Goberno asinaron o Tratado Revisado de Chaguaramas na súa Viséxima Segunda Reunión da Conferencia, preparando así o camiño para a transformación do Mercado Común da CARICOM no Mercado e Economía Única da CARICOM. Parte do tratado revisado entre os estados membros inclúe o establecemento e a aplicación da Corte de Xustiza do Caribe.