Concello de Katrineholm
From Wikipedia, the free encyclopedia
Katrineholm é un concello sueco (kommun) do condado de Södermanland.[1] A súa capital é Katrineholm. En xuño de 2022 o concello tiña unha poboación de 34 689 habitantes.[2]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Suecia | ||||
Condado | condado de Södermanland | ||||
Capital | Katrineholm (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 34.261 (2024) (28,8 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 1.189,52 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de xaneiro de 1971: (Reforma municipal sueca de 1971) | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | katrineholm.se | ||||
O concello está situado na parte occidental do landskap de Södermanland, na ribeira suroeste do lago Hjälmaren. O municipio de Katrineholm limita ao norte co de Arboga no condado de Västmanland e co de Eskilstuna no condado de Södermanland, ao leste co de Flen e ao sur co de Nyköping, os dous en Södermanland. Ao suroeste limita co concello de Norrköping e co concello de Finspång, ámbolos dous no condado de Östergötland, e no oeste co de Vingåker en Södermanland.
O nome vén da granxa Katrineholm (que antes do século XVII se chamaba Furbonäs) ao carón do lago Näsnaren. A localidade de Katrineholm e máis tarde o municipio surdiron debido ao ferrocarril que atravesaba a zona. Cando se construíu unha estación, esta recibiu o nome da granxa próxima.