Concubinato
From Wikipedia, the free encyclopedia
Concubinato é a relación marital de dúas persoas sen estar unidos en vínculo matrimonial. O termo concubina xeralmente indica relacións matrimoniais en curso onde a muller é de menor posición social que o home ou que a esposa ou esposas oficiais. Existen dirixentes na historia de Asia e de Europa que tiñan tanto concubinas como esposas.
Á beira da unión matrimonial, que é o acto e estado xurídico recoñecido polo dereito como xerador de efectos non só respecto da parella e dos fillos, senón tamén en relación con outros parentes, déronse e existen actualmente outras unións máis ou menos permanentes que se asemellan ao matrimonio, pero ás cales o dereito non lles recoñeceu efectos, ou ben o fixo en termos moi limitados. Unha unión con estas características é o concubinato, que podemos entender como a unión libre e duradeira entre un home e unha muller que viven e cohabitan coma se estivesen casados e que pode ou non producir efectos legais.[1]