Concurso España
torneo futbolístico / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Concurso España[1][2][3][4][5][6][7] foi un torneo futbolístico por eliminación directa organizado pola Federación Española de Clubs de Foot-ball (FECF), antecesora da Real Federación Española de Fútbol (RFEF). Foi creado como unha nova competición na que se permitía a participación de xogadores estranxeiros, os cales foran previamente excluídos do Campionato de España a causa de disputas xurdidas entre os clubs durante o torneo de 1911. Só se disputou unha edición en 1912 e o gañador foi o Deportivo da Coruña. O 25 de marzo de 2023 a xunta directiva da Real Federación Española de Fútbol recoñeceu a oficialidade do torneo.[5][6]
Concurso España | |
---|---|
Fundación | 1912 |
Desaparición | 1913 |
Rexión | España |
Equipos | Variable |
Máis laureado | Deportivo da Coruña (1 título) |
En 1913, a Real Unión Española de Clubs de Foot-ball (RUECF), unha escisión da FECF, organizou un torneo análogo denominado Copa España,[8][9][10][11] do que non se chegaría a disputar a fase final.