Condado de Gotland
illa e provincia histórica de Suecia / From Wikipedia, the free encyclopedia
O condado de Gotland (Sueco: Gotlands län) é a maior illa de Suecia e do mar Báltico. A illa está situada ó leste de Suecia e ó norte de Polonia. É tamén un condado de Suecia. A súa capital e maior cidade é Visby, que ten o redor de 23 600 habitantes. Visby é unha antiga cidade hanseática fundada no século X, ornada de muros e edificios practicamente intactos.
Datos rápidos Símbolo oficial, Localización ...
Símbolo oficial | Hedra (flores provinciais en Suecia) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Suecia | ||||
Condado | Gotland (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 60.124 (2020) (20,26 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 2.967,77 km² | ||||
Bañado por | Mar Báltico | ||||
Altitude | 82 m | ||||
Punto máis alto | Lojsta heath (en) (83 m) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Pechar
Datos rápidos Illa de Gotland, Situación ...
Illa de Gotland | |
---|---|
Localización da illa | |
Mapa da illa | |
Situación | |
País | Suecia |
Arquipélago | Arquipélago Slite |
Mar | Mar Báltico |
Xeografía | |
Xeoloxía | Illa continental |
Superficie | 2.994 km² |
Longura máxima | 176 km. |
Largura máxima | 52 km. |
Punto máis alto | 82 m. Lojsta hed |
Distancia a terra | 90 km. |
Demografía | |
Capital | Visby (pob. 23,600) |
Poboación | 58.003 (31-12-2016) |
Densidade | 18´2 hab./km² |
Pechar
A principal fonte de ingresos da illa é o agro, xunto co procesamento de alimentos, o turismo, servizos de tecnoloxía da información o deseño e algunhas industrias pesadas como a fabricación de cemento a partir de pedra calcaria extraída localmente.[1] Dende un punto de vista militar, a illa ocupa unha posición estratéxica no mar Báltico.