condado medieval de Galicia From Wikipedia, the free encyclopedia
O Condado de Trastámara foi un condado ou tenencia da coroa do Reino de Galiza na Idade Media. O seu nome provén do latín tra(n)s Tamar(is), que significa "máis aló do Tambre", río que atravesa Galiza.
Condado de Trastámara | |
---|---|
Primeiro titular | Pedro Álvarez Osorio |
Concesión | Xoán II de Castela 4 de febreiro de 1445 |
Liñaxes | Casa de Trastámara |
Actual titular | Jaime Castellano de la Chica |
Está considerado por xenealoxistas e historiadores como o título nobiliario máis antigo de España, xa que xa aparece no século XI como dominio feudal no norte de Galiza. Era un dos feudos máis importantes do reino, e un dos que proporcionaba maiores ingresos. Asociado orixinalmente á estirpe da Casa de Traba ata o século XIII, cando a dita casa queda extinguida e o título volve ao rei de León.
Durante un tempo, os reis utilizaron este título e as grandes rendas asociadas para premiar a fidelidade dalgúns nobres, aos que nomearon como Conde de Trastámara de por vida, pero sen que fose hereditario, de tal xeito que o título volvería a ser da coroa ao morrer o conde.
Ao redor de 1340, o rei Afonso XI outorgaría finalmente o título ao seu fillo bastardo Henrique, que sería o fundador da chamada Casa de Trastámara, adoptando o nome do seu título para a Casa Real e creando despois unha liñaxe homónima, xa que o título era herdable, cuxos membros chegarían a ser reis de Castela, Aragón, Navarra, Sicilia e Nápoles.
Durante a primeira guerra civil castelá, o rei Pedro nomeou a Fernán Ruiz de Castro, o seu máis importante partidario en Galicia, Conde de Trastámara, desposuíndo temporalmente deste título ao seu medio irmán Henrique.
Despois da batalla de Montiel, o rei Henrique nomeou ao seu sobriño Pedro Henríques de Castela como Conde de Trastámara. O título permanece na estirpe dos Henríquez ata a súa extinción, en 1430. Hai que ter en conta que, precisamente polo ascenso da Casa de Trastámara á coroa de Castela, producíronse importantes cambios na organización feudal de Galiza que reduciu notablemente os ingresos do condado de Trastámara.
Finalmente, o 4 de febreiro de 1445 en San Martín de Valdeiglesias foi concedida como posesión hereditaria a Pedro Álvarez Osorio por Xoán II de Castela. No documento de concesión dicía:
fagoos merced por juro de heredat para siempre jamas de las tierras de Trastámara e Trava, que son del Condado de Trastámara en el dicho reino de Galicia[1]
Na estirpe de Pedro permanece hoxe o título a través da Casa de Osorio, que pouco despois se uniu á Casa de Altamira dando lugar ao apelido Osorio de Moscoso.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.