A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza era unha consellería da Xunta de Galicia que tiña como principais funcións a xestión das relacións da Xunta coas administracións locais e de xustiza. Tamén se ocupaba da xestión interna e da administración autonómica, así como da policía autonómica de Galicia. O seu último conselleiro foi Alfonso Rueda.

Datos rápidos Tipo, Data de fundación ...
Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Thumb
Tipoministério
Data de fundación1983
SedeSantiago de Compostela
PaísGalicia
Na rede
http://cpapx.xunta.es/portal/
[ editar datos en Wikidata ]
Pechar

Historia

A consellería de presidencia tivo distintas denominacións e funcións ao longo da historia. Ademais, durante algúns períodos levou tamén aparellado o cargo de vicepresidencia da Xunta.

En 1983 (por uns meses) e despois dende 1983 ata 1990 absorbe ademais as competencias da Consellería de Xustiza e Interior. Durante a maior parte da súa existencia, agás entre 1990 e 1993, e 2005 e 2009 a consellería integra tamén a área de Relacións Institucionais (véxase tamén Consellería de Relacións Institucionais). A consellería desapareceu durante a reorganización de 2018.[1] As competencias en xustiza e presidencia pasaron á Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a competencia en administracións públicas pasou á Consellería de Facenda e Administración Pública.

Conselleiros

Estrutura interna

Secretarías e direccións xerais

Ademais da necesaria Secretaría Xeral da consellería, a consellería de Presidencia conta coas seguintes direccións xerais:

  • Dirección xeral de Xustiza: Juan José Martín Álvarez
  • Dirección xeral de Administración local: Norberto Uzal
  • Dirección xeral de Relacións institucionais e parlamentarias: Roberto Castro
  • Dirección xeral de Emerxencias e interior: Santiago Villanueva Álvarez
  • Dirección xeral de Relacións exteriores e coa Unión Europea: Xesús Gamallo
  • Dirección xeral de Avaliación e reforma administrativa: Jaime Bouzada

Entes adscritos á consellería

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.