Alfonso Rueda

político galego, sexto presidente da Xunta de Galicia From Wikipedia, the free encyclopedia

Alfonso Rueda
Remove ads

Alfonso Rueda Valenzuela, nado en Pontevedra o 8 de xullo de 1968, é un avogado e político galego do PPdeG. É o actual presidente da Xunta de Galicia dende 2022.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria profesional

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Funcionario da Administración local, foi secretario nos concellos de Cervantes, A Cañiza e Cambados e secretario-interventor da Mancomunidade da Paradanta.[1]

Traxectoria política

Fillo do político popular José Antonio Rueda Crespo, iniciouse na política en Novas Xeracións, sendo elixido en 1993 presidente de NNGG de Pontevedra. Nas eleccións municipais de 1995 foi no número 12 na lista por Pontevedra, mais o seu partido só acadou 11 concelleiros. Foi xefe de gabinete do conselleiro Xesús Palmou, e director xeral da Administración Local da Xunta de Galiza entre os anos 2000 e 2005.

Foi secretario xeral do PPdeG, desde o ano 2006 até maio de 2016, cando foi substituído por Miguel Tellado.[2]

Dende a elección de Alberto Núñez Feijóo como presidente autonómico do partido, Rueda encargouse da secretaría xeral en Galiza, concorrendo ás eleccións galegas de 2009 na candidatura electoral da provincia de Pontevedra, acadando o escano e sendo designado posteriormente Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza en abril do mesmo ano.

Logo da segunda vitoria electoral de Alberto Núñez Feijóo á presidencia da Xunta, foi nomeado vicepresidente da mesma, cargo que permanecía vacante desde o cesamento de Anxo Quintana en 2009.[3][4]

O 13 de marzo de 2016 remudou a Rafael Louzán como presidente provincial do PPdeG en Pontevedra logo de que o seu partido perdese a presidencia da Deputación.[5]

Despois da dimisión de Núñez Feijóo como presidente da Xunta, o 11 de maio de 2022 foi investido xefe do executivo galego cos votos favorables de 41 deputados que se correspondían cos do Partido Popular de Galicia, agás Pedro Puy Fraga que estaba convalecente dun infarto.[6] Xurou como presidente no Salón dos Reis do Parlamento de Galicia o día 14 de maio.[7] Dous días máis tarde presidiu o seu primeiro Consello da Xunta no Pazo de Raxoi logo de confirmar no seu cargo a todos os conselleiros precedentes e nomear a Diego Calvo para a vacante que el deixara na Consellería de Presidencia.[8]

O 22 de maio de 2022 foi escollido presidente do Partido Popular de Galicia no seu 18º Congreso, celebrado en Pontevedra. Foi o único candidato e logrou o 97,2% dos votos dos compromisarios.[9]

Remove ads

Polémicas

En febreiro de 2009, uns meses antes das eleccións autonómicas, Alfonso Rueda participou na manifestación convocada polo colectivo Galicia Bilingüe en Santiago de Compostela, en contra da ampliación das horas lectivas en lingua galega que estaba a impulsar o goberno da Xunta.[10]

Sendo xa presidente, respaldou o polémico protocolo para limitar o dereito ao aborto impulsado pola Xunta de Castela e León.[11]

En 2025, o seu goberno estivo nunha polémica tras o anuncio de desaparición do máster en Matemáticas na Universidade de Santiago de Compostela tras anunciarse que non se lle outorgaría a singularidade. Por este motivo, apareceu a plataforma En defensa do mestrado de Matemáticas da USC.[12]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads