Consello británico-irlandés
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Consello británico-irlandés (en inglés British–Irish Council, BIC) é unha Organización Internacional[1] creada baixo o Acordo de Belfast de 1998. Os seus membros comprenden:
- Os dous gobernos soberanos da República de Irlanda e o Reino Unido.
- As tres administracións devoltas de Irlanda do Norte, Escocia e Gales.
- As Dependencia da Coroa británica de Guernsey, Illa de Man e Jersey.
Datos rápidos Tipo, Data de fundación ...
Consello británico-irlandés | |
---|---|
Tipo | organización |
Data de fundación | 2 de decembro de 1999 |
Sede | Edimburgo |
País | Reino Unido |
Na rede | |
http://www.britishirishcouncil.org | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
O consello foi formalmente establecido cando o acordo británico-irlandés foi asinado o 2 de decembro de 1999. O seu obxectivo principal é "promover a harmonía e o mutuo beneficio da totalidade dos pobos das illas". O consello ten un secretariado, localizado en Edimburgo, Escocia, e realízanse reunións en sesións semestrais e en encontros ministeriais.[2]