Constante de disociación
From Wikipedia, the free encyclopedia
En química, bioquímica e farmacoloxía, unha constante de disociación () é un tipo específico de constante de equilibrio que mide a tendencia dun obxecto máis grande a separarse (disociarse) reversiblemente en compoñentes máis pequenos, tal como ocorre cando en química un complexo se divide nas súas moléculas compoñentes, ou cando un sal se separa nos ións que o compoñen. A constante de disociación é o inverso da constante de asociación.
Nunha reacción xeral:
na cal un complexo se divide en x subunidades A e y subunidades B, a constante de disociación defínese como
onde [A], [B] e [AxBy] son as concentracións de A, B e do complexo AxBy, respectivamente.
Unha razón do amplo uso da constante de disociación en bioquímica e farmacoloxía é que no caso frecuente no que x=y=1, Kd ten unha interpretación física simple: cando , ou equivalentemente . É dicir, Kd, que ten as dimensións de concentración, é igual á concentración de A libre á cal a metade do total das moléculas de B están asociadas con A. Esta interpretación simple non se aplica para valores máis altos de x ou y. Tamén supón a ausencia de reaccións competidoras, aínda que a derivación pode estenderse para describir a unión competitiva.[1] É útil como unha descrición rápida da union dunha substancia, da mesma maneira que EC50 e IC50 describen as actividades biolóxicas de substancias.