Constitución cubana de 1976
Constitución cubana / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Constitución cubana de 1976 (nome oficial en castelán: Constitución de la República de Cuba) foi a norma xurídica suprema (ou máxima) do ordenamento xurídico da República de Cuba.
Constitución da República de Cuba | |
---|---|
Creación | 24 de febreiro de 1975 |
Ratificación | 15 de febreiro de 1976 |
Promulgación | 24 de febreiro de 1976 |
Lingua | Castelán |
Localización | A Habana |
Autores | Membros da Comisión Redactora |
Función | Substituír a Constitución de 1940 |
Redactouse durante o proceso histórico denominado Revolución cubana, xurdido como resposta ao golpe de estado do 10 de marzo de 1952. Despois de 1961 coa declaración do carácter socialista da Revolución Cubana, tomáronse medidas para a transformación da República nun estado socialista. En 1972 creouse a Comisión de Estudos Xurídicos do Comité Central do Partido Comunista de Cuba, co fin de atopar as bases para acometer a redacción dunha Constitución socialista.[1] A Constitución de 1976 foi derogada o 10 de abril de 2019, cando a Asemblea Nacional do Poder Popular de Cuba, en sesión solemne proclamou e puxo en vigor a Constitución de 2019.[2]