From Wikipedia, the free encyclopedia
O referendo de autodeterminación de Cataluña foi unha consulta sobre a independencia de Cataluña, motivo polo cal tamén é coñecida como consulta sobre a independencia de Cataluña, que se celebrou o 9 de novembro de 2014. Foi un referendo sobre o "futuro político de Cataluña"[1] que estaba previsto celebrar durante o 2014 segundo un acordo de gobernabilidade ratificado por Artur Mas por parte de Convergència i Unió e Oriol Junqueras por parte de Esquerra Republicana de Catalunya o 18 de decembro do 2012,[2][3][4][5] e coñecido como "Pacto pola Liberdade".[2][6][7] O texto indicaba que a data do referendo sería acordado por ámbalas partes, e que os dous se comprometerían en mantelo no 2014 "agás se o contexto socioeconómico e sociopolítico fai necesario pospoñelo."[1][8] Como parte do acordo, Artur Mas foi investido Presidente da Generalitat de Cataluña por segunda volta. O referendo iría precedido da aprobación dunha Lei de consultas durante o 2013.
Referendo de autodeterminación de Cataluña de 2014 | |||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2017 → | |||||||||||||||||||||||||||||||||
Data | 9 de novembro de 2014 | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Tipo | Referendo de independencia | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Participación política | |||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||
Resultado da votación | |||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||
O 12 de decembro de 2013, o Goberno de Cataluña anunciou que a data do referendo de independencia se celebraría o 9 de novembro de 2014 e que contería unha pregunta con dúas seccións: "Quere que Cataluña sexa un Estado?" e "En caso de resposta afirmativa, quere que Cataluña sexa un Estado independente?".[9][10] O Goberno de España declarou pouco despois a súa intención de bloquear o referendo, afirmando que "Tal enquisa non se celebrará."[11][12]
O proceso foi suspendido de xeito cautelar o 29 de setembro do mesmo ano, trala aceptación a trámite dos recursos de inconstitucionalidade do Goberno de España, presentados perante o Tribunal Constitucional, do decreto de convocatoria da consulta e da Lei do Parlamento de Cataluña 10/2014, de 26 de setembro, de consultas populares non referendarias e outras formas de participación cidadá na que esta se ampara. O 14 de outubro, ante a situación da suspensión, Artur Mas anunciou que a consulta non se celebraría nos termos previstos e que no seu canto convocaría unha consulta alternativa.[13] Finalmente, as dúas primeiras frases do artigo 3.3[14] e os apartados 4 a 9 do artigo 16 da Lei do Parlamento de Cataluña 10/2014, así como a convocatoria de devandita consulta, foron declarados inconstitucionais pola Sentenza 31/2015, de 25 de febreiro de 2015, da Corte constitucional.[15]
A consulta, incluída no marco dun proceso de participación cidadá organizado pola Generalitat de Cataluña, está formada por unha pregunta con dous apartados: «Quere que Cataluña sexa un Estado?» e «En caso de resposta afirmativa, quere que Cataluña sexa un Estado independente?».[16][17][18][19][20]
O anuncio da convocatoria desta consulta fíxoa o presidente Artur Mas, o 14 de outubro de 2014 dende a galería gótica do Palau de la Generalitat de Catalunya, como resultado do bloqueo feito polo Goberno de España. Este bloqueo baseábase, en primeiro termo, na negativa do Goberno de España a aceptar un referendo sobre a independencia de Cataluña, e en segundo termo, na suspensión cautelar da "Lei de consultas populares non referendarias" e do decreto de convocatoria da consulta popular non referendaria sobre o futuro político de Cataluña por parte do Tribunal Constitucional de España, despois de admitir a trámite dous recursos do Goberno de España.[21]
A convocatoria dunha consulta era o principal acordo do «Pacto pola Liberdade», pacto de investidura asinado en decembro do 2012 despois das eleccións ó Parlamento de Cataluña. A data e a pregunta da consulta foron anunciadas polo Presidente da Generalitat de Cataluña Artur Mas o 12 de decembro de 2013 co apoio dos grupos parlamentarios de Convergència i Unió, Esquerra Republicana de Catalunya, Iniciativa per Catalunya Verds - Esquerra Unida i Alternativa e a Candidatura d'Unitat Popular, que sumaban 87 dos 135 deputados do Parlamento de Cataluña.[22][23][24][25][26][27][28][29][30]
A consulta contou co apoio da meirande parte das institucións locais após que 920 concellos, 36 consellos comarcais, o Consello Xeral de Arán e 4 deputacións aprobaran mocións a prol da convocatoria da consulta.[31]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.