Convergència i Unió
federación política nacionalista catalá From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Convergència i Unió (CiU) foi unha federación nacionalista catalá composta pola liberal Convergència Democràtica de Catalunya e a democristiá Unió Democràtica de Catalunya existente entre 1978 e 2015.[1]
Fundada como coalición electoral en 1978, gobernou a Generalitat de Cataluña entre 1980 e o 2003, e tamén entre 2010 e 2015. Ademais, foi a terceira forza política en escanos (en votos éo Esquerda Unida) no Congreso dos Deputados de España, por detrás de PSOE e PP.
CiU colaborou co BNG e o PNV a través de Galeusca para a consecución dun Estado plurinacional.
Remove ads
Integrantes
A federación Convergència i Unió estaba integrada por dous partidos políticos:
- Convergència Democràtica de Catalunya (CDC), partido liberal e nacionalista catalán creado o 17 de novembro de 1974 en Montserrat arredor da figura de Jordi Pujol i Soley e disolto o 8 de xullo de 2016 en Barcelona.
- Unió Democràtica de Catalunya (UDC), partido de ideoloxía democristiana ou socialcristiana fundado en 1931. É membro fundador do Partido Popular Europeo. O presidente do Comité de Goberno do partido e líder máis destacado é Josep Antoni Duran i Lleida.
Remove ads
Resultados electorais

* En 1977, a suma de CDC (5) e UDC (1)
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads