Copa Gagarin
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Copa Gagarin (en ruso Кубок Гагарина, Kubok Gagarina) é o trofeo outorgado ao equipo campión dos playoffs da Kontinental Hockey League (KHL), recibindo o seu nome en honor ao cosmonauta Iuri Gagarin, o primeiro humano que viaxou ao espazo.[1] A Copa, supostamente, foi nomeada en honor a Gagarin porque o último partido posible da tempada inaugural da KHL debía ter lugar o 12 de abril, o aniversario do voo de Gagarin.[2]
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Logo do final da liga regular da KHL, dezaseis equipos participan nos playoffs. Os oitavos e os cuartos de final xogáronse ao mellor de cinco partidos na tempada inaugural, mentres que as semifinais e a final ao mellor de sete. O sistema de conferencias creouse na segunda tempada co formato de eliminatorias ao mellor de cinco partidos dende os cuartos de final de conferencia ata as semifinais, mentres que as finais de conferencia e a final da Copa Gagarin foron ao mellor de sete partidos, recibindo o gañador a Copa Gagarin.[3]
A Copa Gagarin pesa 18 kg, sendo máis pesada que a Stanley Cup da NHL.[4].