Mundial de Fútbol de 1970
evento futbolístico internacional cuatrianual / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Mundial de Fútbol de 1970 foi a novena edición do campionato do mundo de seleccións internacionais de fútbol, a Copa do Mundo da FIFA. O torneo celebrouse entre o 31 de maio e o 21 de xuño en México, sendo esta a primeira edición do torneo con sede en América do Norte, así como a primeira fóra de Europa e América do Sur. Na fase de clasificación para o torneo, que comezou en maio de 1968, participaron seleccións representando a 75 países de seis continentes. Deste proceso saíron catorce equipos que se uniron á anfitrioa México e aos defensores do título Inglaterra. As seleccións debutantes neste torneo foron Israel, Marrocos e O Salvador.
Tipo | Copa do Mundo de Fútbol |
---|---|
Mascota | Juanito (pt) |
Organizador | FIFA |
Composto por | |
Número de participantes | 16 |
Participantes | |
Bélxica, Selección de fútbol do Salvador, Selección de fútbol de México, Selección de fútbol da Unión Soviética, Selección de fútbol de Israel, Italia, Uruguai, Suecia, Selección de fútbol de Brasil, Inglaterra, Romanía, Selección de fútbol de Checoslovaquia, Bulgaria, Selección de fútbol de Marrocos, selección de fútbol de Perú e Alemaña | |
Localización e Datas | |
Localización | Estádio León (pt) (León) Estádio Jalisco (pt) (Guadalaxara) Estadio Azteca (Coyoacán) Estadi Nemesio Díez (Toluca de Lerdo) Estádio Cuauhtémoc (pt) (Puebla de Zaragoza) |
País | México |
Intervalo de tempo | 31 de maio de 1970 – 21 de xuño de 1970 |
Número de edición | 9 (1970) |
Competición | |
Primeiro posto | Selección de fútbol de Brasil (3º) |
Datos estatísticos | |
Partidos | 32 |
Goles | 95 |
Máis goles marcados | Gerd Müller↔ Alemaña (10) |
Número de espectadores | 1.603.975 |
O campión do torneo foi o equipo do Brasil, o cal venceu na final celebrada no Estadio Azteca de Cidade de México á selección italiana por 4−1. Esta vitoria supuxo o terceiro título para os brasileiros, o que lles permitiu ficar co Trofeo Jules Rimet en propiedade. Isto supuxo que para a seguinte edición, en 1974, a FIFA introducise un novo trofeo. Esta selección do Brasil, que contaba con xogadores como Pelé, Gérson, Jairzinho, Rivellino ou Tostão, esta considerada como unha das mellores en teren participado do Mundial.[1] De feito, os brasileiros conseguiron gañar todos os seus encontros tanto da fase de clasificación como da fase final.
Pese aos problemas derivados da altitude e as altas temperaturas,[2] o torneo destacou polo seu fútbol ofensivo e a cantidade de goles marcados, sendo a media de goles por encontro deste torneo a máis alta de toda a historia. Cos avances en comunicacións por satélite, este torneo supuxo un récord de audiencia televisiva, sendo os encontros retransmitidos en directo para todo o mundo, algúns deles incluso en cor por vez primeira.[3][4]