América do Sur
Subcontinente de América / From Wikipedia, the free encyclopedia
América do Sur ( pronunciación (axuda · info)), tamén chamada Suramérica ( pronunciación (axuda · info)),[1] anteriormente coñecida simplemente como América (1507-1538),[2] é o subcontinente austral de América. Está atravesada pola liña ecuatorial no seu extremo norte, quedando así a maior parte do seu territorio comprendida dentro do hemisferio sur. Está situada entre o océano Atlántico e o océano Pacífico, que delimitan os extremos leste e oeste respectivamente, mentres que o mar Caribe delimita polo norte e o océano Antártico o seu extremo sur. Ocupa unha superficie de 17,8 millóns de km², o que representa un 42% do continente americano e un 12% das terras emerxidas,[3] e está habitada polo 6% da poboación mundial.[4]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 385.742.554 (2009) (21,62 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 17.843.000 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico, Océano Pacífico e Mar Caribe | ||||
Punto máis alto | Aconcagua (6.961 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Inclúe hoxe en día doce países: a Arxentina, Bolivia, o Brasil, Chile, Colombia, Ecuador, Güiana, Paraguai, o Perú, Suriname, o Uruguai e Venezuela, aínda que hai libros que inclúen á nación caribeña de Trinidad e Tobago por atoparse sobre a plataforma continental de Venezuela. Os países que bordean o mar Caribe —Colombia, Venezuela, Güiana, Suriname e Trinidad e Tobago e tamén a Güiana Francesa, que é un departamento de ultramar de Francia, e Aruba, Curaçao e o estado de Bonaire pertencentes ao Reino dos Países Baixos— coñécense en conxunto como o Caribe suramericano, mentres que a Arxentina, Chile, o Uruguai e o sur do Brasil, forman o Cono Sur, unha rexión do subcontinente que se caracteriza polos máis altos estándares de calidade de vida e desenvolvemento en relación ao resto de Latinoamérica.[5][6][7][8] Colombia e Venezuela, ademais de estaren na rexión Caribe, pertencen tamén xunto a Bolivia, Ecuador e o Perú á zona andina e aos países da conca do Amazonas.
Desde o século XVI ata principios do século XIX a maior parte de América do Sur estaba dividida en colonias gobernadas, maioritariamente, por España e Portugal, seguidas por unha colonia do Reino Unido, unha de Francia e outra dos Países Baixos que se foron convertendo en repúblicas, coa excepción da Güiana Francesa convertida en Departamento de Ultramar francés (Rexión Ultraperiférica europea) e as illas Malvinas e illas veciñas. Aínda que o límite actual de América do Sur con América Central se sitúa nunha liña imaxinaria na selva do Darién, foi a partir da construción da Canle de Panamá que se comeza a asociar este país con América Central en medios anglosaxóns. Finalmente no ano 1955, Panamá pasa a formar parte de América Central xeograficamente, pero mantén lazos históricos e culturais con América do Sur.[9][10]