Copa do Mundo de Rugby 2023
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Copa do Mundo de Rugby 2023 foi a 10ª edición da Copa do Mundo de Rugby, torneo internacional de rugby union que se disputa cada catro anos. O campionato tivo lugar entre o 8 de setembro e o 28 de outubro de 2023.
Datos rápidos Espectadores, Máximo anotador ...
Copa do Mundo de Rugby 2023 | |
---|---|
8 de setembro - 28 de outubro | |
País anfitrión | Francia |
No. de equipos | 20 |
Podio - Campión - Subcampión - Terceiro posto - Cuarto posto |
Suráfrica Nova Zelandia Inglaterra Arxentina |
Partidos | 48 |
Espectadores |
2,437.208 (50.775 por encontro) |
Máximo anotador | Owen Farrell (75 puntos) |
Máximo anotador de ensaios (tries) | Will Jordan (8 ensaios) |
Pechar
O país anfitrión foi Francia, e os encontros disputáronse en nove estadios das cidades de París, Marsella, Lión, Lille, Bordeos, Tolosa, Niza, Nantes e Saint-Étienne. O Stade de France acolleu o encontro inaugural e a final. A selección de Suráfrica foi a vencedora, despois de derrotar na final a Nova Zelandia.