Copa do Rei de Rugby 2013-2014
From Wikipedia, the free encyclopedia
Na tempada 2013-2014 disputouse a 81ª edición da Copa do Rei de rugby, o torneo nacional máis antigo do rugby español. Organizado pola F.E.R., acadaron o dereito a competir no torneo os oito equipos que ocuparon os primeiros postos na táboa da División de Honra unha vez rematada a primeira volta da liga regular.
Datos rápidos Organizador, Edición ...
2012-2013 << 2013-2014 >> 2014-2015 | |
Organizador | F.E.R. |
---|---|
Edición | 81ª |
Equipos | 8 |
Campión | Valladolid RAC |
Finalista | Independiente RC |
Pechar
Na final, xogada no Estadio Nueva Balastera de Palencia o 27 de abril de 2014, o VRAC Quesos Entrepinares de Valladolid acadou o seu terceiro título copeiro derrotando por 40 a 18 ó Bathco Independiente de Santander, equipo que disputaba a primeira final da súa historia.