Coroa de duque
From Wikipedia, the free encyclopedia
A coroa de duque é o timbre representativo do título nobiliario de duque ou duquesa.
Está composta por un cerco de metal precioso e pedrería, decorado con oito floróns semellantes ás follas de apio que se manteñen sobre puntas elaboradas co mesmo metal que a base.[1]
Esta é a corona coa que tamén timbran os seus escudos os Grandes de España, sexan ou non duques, aínda que está cuberta dun bonete de veludo vermello rematado nun botón de ouro.