Crésida é un satélite interior de Urano. Foi descuberta a partir de imaxes tomadas pola Voyager 2 o 9 de xaneiro de 1986, e déuselle a designación temporal de S/1986 U 3.[7] Máis tarde recibiría o nome da filla do troiano Calchas, unha heroína tráxica que aparece na obra de William Shakespeare, Troilus and Cressida (tamén en contos de Geoffrey Chaucer e outros autores). Tamén foi designada coma Urano IX.[8]

Datos rápidos Imaxe tomada pola Voyager 2 da lúa de Urano, PortiaOfelia., Descubrimento ...
Crésida
Thumb
Imaxe tomada pola Voyager 2 da lúa de Urano, Portia, Crésida, e Ofelia.
Descubrimento
Descuberta por Stephen P. Synnott / Voyager 2
Descuberta en 9 de xaneiro de 1986
Características orbitais
Radio orbital medio 61.766,730 ± 0,046 km[1]
Excentricidade 0,00036 ± 0,00011[1]
Período orbital 0,463569601 ± 0,000000013 d[1]
Inclinación 0,006 ± 0,040° (respecto do ecuador de Urano)[1]
é satélite de Urano
Características físicas
Dimensións 92 × 74 × 74 km<[2]
Radio medio 39,8 ± 2 km[2][3][4]
Área superficial ~20.000 km²[5]
Volume ~260.000 km³[5]
Masa ~3,4 x 1017 kg[5]
Densidade media 1,3 g/cm3 (estimada)[3]
Gravidade superficial ~0,013 m/s2[5]
Velocidade de escape ~0,034 km/s[5]
Período de rotación sincrónica[2]
Oblicuidade da eclíptica cero[2]
Albedo 0,08 ± 0,01[6]
0.07[3][4]
Temperatura superficial ~64 K[5]
Pechar

Características

Crésida pertence ó grupo de satélites Portia, o cal inclúe a Belinda, Bianca, Desdémona, Portia, Xulieta, Cupido, Rosalinda e Perdita.[6] Estes satélites teñen características orbitais e propiedades fotométricas semellantes.[6] Só se coñece a súa órbita,[1] o seu radio de 41 kms[2] e ó seu albedo xeométrico de 0,08[6].

As imaxes da Voyager 2 amosan a Crésida coma un obxecto alargado co seu eixo maior apuntado cara Urano. A taxa de relación entre os eixos de Crésida é de 0,8 ± 0,3[2], o que lle outorga unha forma elipsoidal suave. A súa superficie é de cor gris.[2]

Crésida podería colidir con Desdemona dentro dos próximos 100 millóns de anos.[9]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.