Creation Records
selo discográfico / From Wikipedia, the free encyclopedia
Creation Records foi un selo discográfico independente británico dirixido por Alan McGee, que o fundou xunto con Dick Green e Joe Foster en 1983. O seu nome vén da banda dos anos 60 The Creation,[1] que McGee admiraba enormemente. McGee, Green e Foster tamén tocaban no grupo Biff Bang Pow!, que era o título dunha canción de The Creation. O selo cesou as súas operacións no ano 1999, aínda que reviviu nalgún momento de 2011 para publicar un álbum recompilatorio, Upside Down, con temas da discográfica.
Creation Records | |
---|---|
Fundado en | 1983 |
Fundador | Alan McGee, Dick Green e Joe Foster |
Desaparición | 1999 |
Xénero(s) | rock alternativo, rock, post-punk |
Orixe | Reino Unido |
Localización | Londres |
http://www.creation-records.com | |
O selo centrouse no rock alternativo, publicando moitos disco de indie pop, indie rock, shoegazing e britpop, pero tamén contaba con bandas que tocaban outros estilos do rock, como post-punk, ademais dalgúns artistas de electrónica, folk e música experimental.