Cromosoma 15
cromosoma humano / From Wikipedia, the free encyclopedia
O cromosoma 15 humano é un cromosoma pertencente a un dos 23 pares de cromosomas humanos. Nas nosas células diploides temos dúas copias (un par) deste cromosoma, e nas haploides só unha. Pola posición do seu centrómero este cromosoma clasifícase como acrocéntrico. É un cromosoma con constrición secundaria no seu brazo pequeno, e con satélite (cromosoma satélite ou cromosoma SAT). O cromosoma 15 comprende uns 106 millóns de pares de bases, o que representa entre o 3 e o 3,5% do total do ADN da célula.
Cromosoma 15 humano | |
---|---|
Cromosomas do par 15 humano con bandeado G. En cada individuo un dos cromosomas deste par procede da nai e o outro do pai. | |
Cromosomas do par 15 nun cariograma humano masculino. | |
Características | |
Lonxitude (bp) | 101,991,189 bp (GRCh38)[1] |
No. de xenes | 561 (CCDS)[2] |
Tipo | Autosoma |
Posición do centrómero | Acrocéntrico[3] (19.0 Mbp[4]) |
Lista completa de xenes | |
CCDS | Lista de xenes |
HGNC | Lista de xenes |
UniProt | Lista de xenes |
NCBI | Lista de xenes |
Visores de mapa externos | |
Ensembl | Cromosoma 15 |
Entrez | Cromosoma 15 |
NCBI | Cromosoma 15 |
UCSC | Cromosoma 15 |
Secuencias de ADN completas | |
RefSeq | NC_000015 (FASTA) |
GenBank | CM000677 (FASTA) |
A identificación de xenes é unha área moi activa de investigación en xenética. Como se utilizan diversos métodos para identificar xenes, as cifras de xenes totais varían algo dependendo do método utilizado, pero estímase que o cromosoma 15 probablemente contén entre 700 e 900 xenes.
O cromosoma 15 humano é un dos que ten organizador nucleolar (NOR), zona onde se encontran xenes repetidos en tándem dos ARNr. Arredor dos organizadores nucleolares orixínanse os nucléolos. Os organizadores nucleolares están na zona da constrición secundaria do cromosoma.