Cuartos de dólar Mulleres Americanas
moedas circulantes estadounidenses / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os cuartos de dólar Mulleres Americanas (en inglés American Women quarters) son unha serie de moedas con valor facial dun cuarto de dólar ou 25 centavos, emitidas pola Casa da Moeda dos Estados Unidos a partir de 2022.
Cuartos de dólar Mulleres Americanas [1] |
---|
Retrato de perfil George Washington cara á dereita. Marcas de gravador (LGF) e de ceca. Lendas: LIBERTY / IN GOD WE TRUST |
|
Este programa da US Mint está dedicado a mulleres senlleiras na historia dos Estados Unidos, en conmemoración do centenario da décimo novena emenda da Constitución dese país.[2]
O programa prevé a emisión de cinco moedas anualmente entre 2022 e 2025, cun total de 20 deseños, cada un dos cales estará dedicado a unha muller, á que se lle dedicará o reverso, en homenaxe ás súas contribucións aos Estados Unidos, en aspectos como o sufraxio, os dereitos civís, a abolición da escravitude, as humanidades, a ciencia ou as artes.[3] Pola súa banda, o reverso continúa representando un busto de George Washington, mais nesta ocasión cun novo deseño, creado por Laura Gardin Fraser.[4][5]
A serie de cuartos de dólar Mulleres Americanas foi autorizada pola Lei de Redeseño de Moedas Circulantes de Colección de 2020,[3] promovida polos membros da Cámara de Representantes Barbara Lee e Anthony Gonzalez.[6][7] A proposta inicial consistiu en 56 moedas, cada unha delas dedicada a unha muller dun estado e doutros territorios,[8] mais esta idea modificouse para acurtala no tempo, ante a pretensión de lanzar en 2026 unha serie de moedas en conmemoración do 250 aniversario dos Estados Unidos. Ademais, unha das cinco moedas desta nova serie terá tamén como protagonista a figura dunha muller.[2]
O programa de cuartos de dólar Mulleres Americanas sucede a anterior serie de cuartos de dólar America the Beautiful,[9] e será substituído no período 2027-2030 por outro dedicado aos deportes xuvenís.[3][7]