Culler
utensilio de cociña / From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha culler ou cullar[1] é un utensilio de cociña que consiste nunha pequena cabeza cóncava no extremo dun mango, usada principalmente para servir ou comer un alimento líquido ou semilíquido, e algúns alimentos sólidos como arroz e cereal que non poden ser doadamente erguidos cun garfo. As culleres tamén son utilizadas na preparación de alimentos para medir e mesturar ingredientes. Xeralmente están feitas de metal, madeira, porcelana ou plástico.
Para o instrumento musical véxase: Culleres (instrumento musical).