Célticos
tribo celta da zona do Alentejo occidental, no sur de Portugal / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os célticos (en latín: Celctici, que quere dicir celta) é o nome dado aos celtas que habitaban na zona do Alentejo occidental, no sur de Portugal, o sur da provincia de Badaxoz e o norte da provincia de Huelva formando a zona occidental da Beturia: a Beturia Céltica.
Segundo Jorge de Alarção, "a designación Celtici" sería un colectivo que abarcaría a diversos pobos, como os saefes e os cempsii e se cadra tamén os lusitanos.[1] De feito propúxose unha orixe céltica para o etnónimo dos Cempsii que sería unha adaptación grega do orixinal Cimbii así recollido nunha estla do Algarbe para un tal kimbaitis 'dos Cimbios', e que se relaciona co antigo irlandés cimb 'tributo' e cimbid 'dador de tributos - vencido' < *kimbiatis.[2]
As poboacións dos célticos en Lusitania eran Lacóbriga, Caepiana, Braetolaeum, Miróbriga, Arcóbriga, Meribriga, Catraleucus e Arandis..[3]
Os célticos eran veciños dos turdetanos cos que compartían as chairas do Alentejo, ocupando os célticos a parte occidental. É Tolomeo (c. 90 - c. 168), baseado en autores máis antigos como Posidonio e Artemidoro o que distingue entre os dous pobos no século II. Segundo relata Plinio na súa obra, Historia Naturalis os Celticii ocuparon territorio até a Huelva andaluza, como pobo cadete dos Lusitanos, cos cales Plinio identificaba as leis, fala, o seu culto e nomes de oppidas. Os pobos célticos ensinaron a metalurxia do ferro aos habitantes da zona mediterránea.