Décimo Xunio Bruto Galaico
xeneral romano / From Wikipedia, the free encyclopedia
Décimo Xunio Bruto Galaico (en latín: Decimus Junius M. f. M. n.[1] Brutus Gallaecus ou Callaecus ou Callaicus), nado en Roma en 180 a.C. ou 181 a.C. e finado en 113 a.C., foi un xeneral e político romano do século II a.C. Era fillo de Marco Xunio Bruto (cónsul no 178 a.C.) e irmán de Marco Xunio Bruto (pretor no 88 a.C.). Tivo un fillo tamén chamado Décimo Xunio Bruto (cónsul no 77 a.C.), e o seu neto foi Décimo Xunio Bruto Albino.
Operacións militares romanas no noroeste da penínsua Ibérica | |
Nome orixinal | (la) Decimus Iunius Brutus Callaicus |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | Decimus Junius Brutus c. 181 a. C. Roma Antiga |
Morte | 113 a. C. (67/68 anos) valor descoñecido |
Senador romano | |
valor descoñecido – valor descoñecido | |
Cónsul romano | |
138 a. C. – 138 a. C. Xunto con: Públio Cornélio Cipião Nasica Serápio (pt) | |
Procónsul | |
Datos persoais | |
Outros nomes | Callaicus |
País de nacionalidade | Roma Antiga |
Actividade | |
Ocupación | político da Roma antiga , militar da Roma antiga |
Período de tempo | República Romana serodia |
Lingua | Lingua latina |
Familia | |
Familia | Junii Bruti (en) |
Cónxuxe | Clodia |
Fillos | Junia (en) , Décimo Júnio Bruto (cônsul de 77 a.C.) (pt) , Lucius Junius Brutus Damasippus (en) |
Pais | Marco Júnio Bruto (pt) e valor descoñecido |
Irmáns | Junia (en) e Marcus Junius Brutus (en) |
Foi un dos máis importantes líderes dos optimates, unha facción política que apoiaba os intereses da aristocracia e que se oponía tanto aos tribunos da plebe (neste momento, os irmáns Graco) como aos populares, facción política que defendeu a causa dos pobres e quería reformas para axudalos.
O alcume (agnomen) de Galaico, vén de cando estaba ao mando das tropas en Hispania e levou a cabo as campañas de conquista da Gallaecia-. Tamén participou en campañas en Iliria.