Documento de identidade
From Wikipedia, the free encyclopedia
O documento de identidade é un instrumento oficial que ten o obxectivo de provar a identidade dunha persoa física. Son clasificados como documentos de identidade tódolos documentos oficiais que teñen o poder de comprobar inequívoca e irrefutabelmente a identidade dun individuo, sexa perante os órganos públicos ou privados.
Deste xeito, os pasaportes son considerados tamén documentos de identidade, alén da súa razón primeira que é ser un documento de viaxe. En varios países, os documentos que habilitan o cidadán a conducir vehículos tamén son moitas veces aceptados como proba de identidade, tendo, polo tanto, a mesma utilidade práctica dun documento de identidade ad hoc. Alén do pasaporte e da habilitación para conducir veículos, hai outros documentos que poden ser aceptados como comprobantes de identidade. No Brasil, de feito, a carteira de traballo e as carteiras de ordes profesionais tamén son aceptadas legalmente para desempeñar os mesmos fins da cédula de identidade.
Porén, en varios países existe grande resistencia á creación de documentos de identidade ad hoc. En países como Australia, Andorra, Dinamarca, Filipinas, o Xapón ou Corea do Sur, non existe ningún documento que poida ser considerado unha proba de identidade creada especificamente para este efecto. Deféndese amplamente que un documento que teña por único fin a proba da identidade dunha persoa é unha inxerencia do estado na privacidade dos seus cidadáns, ó modelo de estados totalitarios ou segregacionistas.