Daniel Niebla
sindicalista galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Daniel Niebla García, nado en 1933 e finado en Ferrol o 10 de marzo de 1972, foi un dos dous traballadores mortos nos sucesos do 10 de marzo de 1972.
Traxectoria
Traballador da Empresa Nacional Bazán. Logo do despedimento de dous líderes sindicais, Rafael Pillado e Julio Aneiros,[1] o 10 de marzo de 1972 a Bazán pechou. Os traballadores protestaron nunha manifestación[1] en que participaron os despedidos xunto co cadro de persoal de Bazán e os líderes sindicais Manuel Amor Deus e José María Riobó, entre outros.
Os enfrontamentos de obreiros e forzas da orde terminaron coa morte por disparos da policía de Amador Rey. Daniel Niebla, que resultou malferido, morreu ao pouco de chegar ao hospital.[1][2][3] Malia a represión, máis de 15 000 traballadores dos estaleiros e doutras empresas industriais de Vigo mobilizáronse en setembro e declararon unha folga xeral de dúas semanas. A esta seguíronos novos despedimentos masivos. Desta volta, Comisións Obreiras e outros movementos sindicais fóra do aparato franquista mostraron a súa capacidade de resposta e organización.[4]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads