From Wikipedia, the free encyclopedia
David Michael Bautista, Jr., máis coñecido como David Batista ou polo seu nome no ring, Batista, nado en Washington, D.C. o 18 de xaneiro de 1969, é un loitador norteamericano de raíces grecofilipinas. Batista é un loitador xeralmente louvado polo seu estilo de loita.
(2019) | |
Nome orixinal | David Michael Bautista, Jr. |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (en) David Michael Bautista Jr. 18 de xaneiro de 1969 (55 anos) Washington, D.C., Estados Unidos de América |
Datos persoais | |
Outros nomes | Batista |
Residencia | Os Ánxeles California |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Wakefield High School (en) |
Altura | 1.930 mm |
Peso | 132 kg |
Actividade | |
Campo de traballo | Actuación cinematográfica, Produción de cinema e deporte |
Ocupación | loitador profesional (1999–2019), guionista , produtor de cinema , actor , loitador de artes marciais mixtas , deportista |
Período de actividade | 1999 - 2019 |
Lingua | Lingua inglesa |
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América |
Deporte | artes marciais mixtas wrestling profissional (pt) |
Adestrador | Afa Anoaʻi (pt) |
Obra | |
Obras destacables
| |
|
A carreira de Batista comezou cando coñeceu a Mr Perfect e a Road Warrior Animal nun congreso de fisicoculturismo. Batista intentou entrar na WCW, pero dixéronlle que endexamais triunfaría na loita libre. Probou sorte entón na World Wrestling Federation, onde o enviaron a traballar con Afa Anoai. Loitou na marca de Anoai, a WXW, baixo o nome de Kahn.
Debutou na Ohio Valley Wrestling (OVW) no 2000, unindo as súas forzas con Synn. Durante o tempo que estivo na OVW usou o nome de Leviathan. Como membro dos Discípulos de Synn mantívose como gañador ata que foi vencido pola superestrela da OVW, Christmas Chaos, que non é outro que a actual superestrela da WWE Kane. Máis tarde, Batista gañaría o título de Peso Completo da OVW contra The Machine. Tras perder o campionato con The Prototype, Synn creu que Batista estaba a se volver demasiado independente e vendeuno ó Reverendo D-Von, sendo este o seu paso á WWE World Wrestling Federation.
David Batista comezou a súa carreira na WWE no episodio de SmackDown! do 9 de maio de 2002. Presentouse baixo o nome de Deacon Bautista, como colaborador de Reverendo D-Von. O seu primeiro combate foi por parellas, e xunto a D-Von venceu o duelo de Randy Orton e Faarooq, usando o seu golpe Spinebuster. Finalmente acabou separándose de D-Von, e volveu a 'Raw', cambiando o seu nome polo que é coñecido actualmente.
Despois de acadar unha reputación de "monstro" a través de combates nos que esmagou a outros loitadores, incluíndo un no que atacou maliciosamente a Tajiri, enviándoo ao hospital, Batista uniuse a Ric Flair no feudo que este tiña contra Kane. O debut de Batista nun PPV foi en Armageddon 2002, en Fort Lauderdale, Florida, onde venceu.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.