escritor e director de orquestra estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
David James Woodard ( /ˈwʊdɑːrd/ (axuda · info)), nado en Santa Barbara, California o 6 de abril de 1964, é un escritor e director de orquestra estadounidense.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de abril de 1964 (60 anos) Santa Bárbara, Estados Unidos de América |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América Canadá |
Relixión | Budismo |
Educación | Universidade de Califórnia en Santa Bárbara Eugene Lang College of Liberal Arts (en) San Marcos High School |
Actividade | |
Lugar de traballo | Estados Unidos de América Canadá |
Ocupación | compositor , director de orquestra , escritor |
Xénero artístico | Posmodernismo |
Lingua | Lingua inglesa |
Familia | |
Cónxuxe | Sonja Vectomov (2014–) |
Páxina web | davidwoodard.com |
Durante os anos 90 acuñou o termo préquiem, unha palabra formada pola unión de preventivo e réquiem, para describir a súa práctica budista de compor música dedicada a ser tocada pouco antes ou durante a morte do suxeito.[1][2]
Os servizos de memoria dos Ánxeles, nos cales Woodard traballou como líder ou director de música inclúen unha cerimonia cívica celebrada no ano 2001, no funicular Angels Flight, agora non operativo, na cal se honrou a Leon Praport, que morreu a causa dun accidente no que a súa viúva Lola resultou ferida.[3][4]:125 Dirixiu tamén réquiems á vida salvaxe, como ao pelicano marrón de California, na crista da berma dunha praia na que o animal caeu.[5][6]:152–153
Woodard é coñecido polas súas réplicas da Dreamachine (máquina de soños), unha lámpada lixeiramente psicoactiva que foi exhibida en museos de arte arredor do mundo. En Alemaña e Nepal é coñecido polas súas contribucións ao xornal literario Der Freund, que inclúen escrituras sobre o karma entre especies, a conciencia das plantas e o asentamento paraguaio en Nueva Germania.[7]
Woodard foi educado na New School for Social Research (Nova Escola Para a Investigación Social) e na Universidade de California, Santa Barbara.[8]
No ano 2003 Woodard foi elixido asesor de goberno en Juniper Hills (Condado dos Ánxeles). Neste cargo propuxo unha relación de irmandade coa cidade de Nueva Germania en Paraguai. Para avanzar o seu plan, Woodard viaxou á antiga utopía vexetariana/feminista e encontrouse co liderado municipal. Tras unha visita inicial, elixiu non perseguir a relación pero atopara na comunidade un obxecto de estudo para posteriores escrituras. O que particularmente lle interesa son as ideas proto-transhumanistas do planificador especulativo Richard Wagner e de Elisabeth Förster-Nietzsche, quen co seu marido Bernhard Förster fundou e viviu na colonia entre 1886 e 1889.[8]
Do 2004 ata o 2006 Woodard liderou numerosas expedicións a Nueva Germania, gañando o apoio do vicepresidente dos Estados Unidos Dick Cheney.[10][11] En 2011 Woodard concedeulle permiso ao novelista suízo Christian Kracht para publicar a súa numerosa correspondencia persoal, principalmente relacionada con Nueva Germania,[12]:113–138 en dous volumes baixo a imprenta da Universidade de Hannover, Wehrhahn Verlag.[13]:180–189 Acerca do intercambio de cartas, o periódico Frankfurter Allgemeine Zeitung di: "[Woodard e Kracht] fan desaparecer a fronteira entre a vida e a arte."[14] Der Spiegel postula que o primeiro volume, Five Years,[15] é “o traballo espiritual preparatorio” para a seguinte novela de Kracht, Imperium.[16]
De acordo con Andrew McCann, "Kracht acompañou a Woodard nunha viaxe ao que queda do lugar, onde descendentes dos colonos orixinais viven [baixo] circunstancias drasticamente precarias. Como a correspondencia revela, Kracht axudou a Woodard a cumprir o seu desexo de avanzar o perfil cultural da comunidade, e de construír unha réplica en miniatura do teatro de opera de Bayreuth no lugar que unha vez foi a residencia da familia de Elisabeth Förster-Nietzsche.”[17] Nos últimos anos, Nueva Germania transformouse nun destino máis agradable, con hoteis e un museo histórico improvisado.
Entre 1989 e 2007 Woodard construíu réplicas da Dreamachine,[18][19] un dispositivo estroboscópico ideado por Brion Gysin e Ian Sommerville que involucra un cilindro con rañuras, feito de cobre e papel, xirando arredor dunha lámpada eléctrica. Cando é observada cos ollos pechados a máquina pode desencadear alteracións mentais similares ás intoxicacións por drogas ou aos soños.[20][n 1]
Despois de contribuír cunha Dreamachine á retrospectiva visual Ports of Entry[21][22] do LACMA de William S. Burroughs en 1996, Woodard fíxose amigo do autor e deulle un “modelo bohemio” (de papel) polo seu aniversario número 83 e final.[23][24]:23 Sotheby poxou a antiga máquina e entregoulla a un coleccionista privado en 2002, e a última fica nun préstamo estendido, propiedade de Burrough, no Spencer Museum of Art.[25]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.