Delio Rodríguez
ciclista galego / From Wikipedia, the free encyclopedia
Delio Rodríguez Barros, nado en Moreira (Ponteareas) o 19 de abril de 1916 e finado en Vigo o 14 de xaneiro de 1994, foi un ciclista galego, profesional entre 1936 e 1950. É o corredor que obtivo máis vitorias de etapa na Vuelta Ciclista a España, con 38 vitorias no conxunto das súas participacións e con 32 días como líder de proba.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Delio Rodríguez Barros 19 de abril de 1916 Ponteareas, España |
Morte | 14 de xaneiro de 1994 (77 anos) Vigo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | ciclista |
Lingua | Lingua castelá |
Deporte | ciclismo de competición |
Disciplina deportiva | ciclismo en ruta |
Participou en | |
Vuelta a España | |
Familia | |
Irmáns | Emilio Rodríguez, Manuel Rodríguez Barros, Aurita Rodríguez e Pastor Rodríguez Barros |
Pechar
Após a súa retirada do ciclismo de elite, instalou en Vigo un establecemento de venda de material deportivo que prestaba grande atención ao ciclismo. Faleceu na súa casa de Vigo por mor dun cancro de próstata e foi soterrado en Ponteareas.[1]