Deontoloxía
From Wikipedia, the free encyclopedia
Deontoloxía[1] (do Grego δέον, translit. deon, "deber, obriga" + λόγος, logos, "ciencia"), en filosofía moral contemporánea, é unha das teorías normativas, segundo a cal as escollas son moralmente necesarias, prohibidas ou permitidas. Polo tanto, inclúense entre a teorías morais que orientan as nosas escollas sobre o que debe ser feito.[2] Tamén é entendida como parte da Filosofía que trata sobre os principios, fundamentos e sistemas da moral.[3]
Tamén é, ás veces, descrita como a ética con base na "obriga ou en "regras", porque as regras "vinculan ao seu deber". A ética deontolóxica é comunmente contrastada co consecuencialismo e a ética da virtude. Nesta terminoloxía, a acción é máis importante que as consecuencias.
O termo foi introducido en 1834, por Jeremy Bentham, para referirse á rama da ética cuxo obxecto de estudo son os fundamentos dos deberes e das normas morais. Tamén se coñece co nome de "Teoría do deber".[4] É unha das dúas ramas principais da Ética Normativa, xunto coa axioloxía.