![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/98/Weyden-descendimiento-prado-Ca-1435.jpg/640px-Weyden-descendimiento-prado-Ca-1435.jpg&w=640&q=50)
Descendemento da cruz
pintura de Rogier van der Weyden / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Descendemento da cruz, ou tamén a Decida da Cruz (en neerlandés: De Kruisafneming) é unha pintura sobre táboa que se considera unha das obras máis importantes do pintor flamengo Rogier van der Weyden (ca. 1399 - 1464), quen a pintou arredor do ano 1436. Actualmente exhíbese no Museo do Prado de Madrid. O tema é o descendemento da Cristo da cruz levada a cabo por Xosé de Arimatea e Nicodemo; este tema xa aparecera na iconografía bizantina do século X[1].
Datos rápidos Descendemento da cruz, Artista ...
Descendemento da cruz | |
---|---|
![]() | |
Artista | Rogier van der Weyden |
Data | 1436 |
Técnica | pintura sobre táboa |
Dimensións | 220 cm × 262 cm |
Localización | Museo do Prado (Madrid) |
Pechar
Sen ser un cadro xigantesco posúe un bo tamaño, pois mide 2,20 x 2,62 m, e trátase en realidade de táboa, sobre a que pintou ao óleo.