![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/58/Slice_earth.svg/langgl-640px-Slice_earth.svg.png&w=640&q=50)
Descontinuidade de Gutenberg
descontinuidade entre o fondo do manto do planeta e a capa máis externa do núcleo / From Wikipedia, the free encyclopedia
A descontinuidade de Gutenberg é a superficie de descontinuidade que marca a separación entre o manto inferior e núcleo externo da Terra, situada a uns 2 900 km de profundidade.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/58/Slice_earth.svg/320px-Slice_earth.svg.png)
B: Descontinuidade de Gutenberg
4: Manto
5: Núcleo externo.
Caracterízase porque as ondas sísmicas S non poden atravesala, e porque as ondas sísmicas P diminúen bruscamente a súa velocidade, pasando de 13 a 8 km/s.
Baixo este límite é onde se xeran as correntes electromagnéticas que dan orixe ao campo magnético terrestre, grazas á acción convectiva do rozamento entre o núcleo externo, formado por materiais ferromagnéticos e o manto.
Leva o nome do seu descubridor, Beno Gutenberg, sismólogo alemán, que a descubriu en 1914.[1]