Desviación típica
medida de dispersión de probabilidade / From Wikipedia, the free encyclopedia
En probabilidade e estatística, a desviación típica ou estándar é a medida máis común de dispersión. De xeito sinxelo, mide como están de dispersos os valores nunha colección de datos. Máis raramente aparece referida como desviación padrón[1] ou desvío[2] (típico, estándar, padrón...).[3]
A desviación estándar está definida como a raíz cadrada da varianza. Defínese desta maneira para dar unha medida da dispersión que é un número non negativo que ten as mesmas unidades que os datos.
O termo desviación estándar foi introducido en estatística por Karl Pearson en 1894.