Chámase diacrítico un signo gráfico aposto a un grafema dos silabarios hiragana ou katakana para transcribir un fonema modificado do que transcribe ese grafema. O xaponés utiliza dous diacríticos:
- O primeiro (◌゙) é un signo composto de dous pequenos trazos, que permite transformar unha consoante xorda en consoante sonora en principio de sílaba – coa excepción do h que se cambia en b – e que ten moitas denominacións:
- dakuten (濁点, «punto sonoro»),
- por abreviación de nigoriten (濁り点),
- e máis familiarmente ten (点, «punto») ou ten-ten (点点 ou 点々, «punto punto»);
- O segundo (◌゚) é un pequeno anel, que permite transformar h en p, e que ten dous nomes:
- handakuten (半濁点, «punto semisonoro»),
- e máis familiarmente maru (丸, «anel»).