Dialectoloxía
estudo da variación xeográfica e sociolingüística da lingua / From Wikipedia, the free encyclopedia
A dialectoloxía é a rama da lingüística que se encarga do estudo dos dialectos, isto é, do estudo da variación xeográfica e sociolingüística da lingua.[1]
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Debido á ambigüidade e inconsistencia dos termos lingua e dialecto, en dialectoloxía adóitase empregar o termo variedade lingüística para designar a forma de comunicación verbal humana de trazos razoabelmente homoxéneos empregada por unha comunidade lingüística. A dialectoloxía sería o estudo desas variedades, principalmente dos xeolectos, e a forma sistemática no que difiren unhas doutras.