política ecuatoriana From Wikipedia, the free encyclopedia
Diana Alexandra Aguavil Calazacón, nada o 7 de agosto de 1983,[1] é unha líder indíxena ecuatoriana. Dende o 25 de agosto de 2018 é a primeira gobernadora feminina do pobo tsáchila, após 104 anos de administracións exclusivamente lideradas por homes e logo de gañar as eleccións tsáchila de 2018. Foi tamén a segunda muller en ser candidata a este posto.[2][3][4]
(2019) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Diana Alexandra Aguavil Calazacón 10 de agosto de 1983 (41 anos) Otongo Mapalí, Ecuador |
Líder amerindia Pobo tsáchila | |
25 de agosto de 2018 – ← Javier Aguavil – valor descoñecido → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Ecuador |
Grupo étnico | Pobo tsáchila |
Educación | Universidade Tecnolóxica Equinoccial |
Actividade | |
Ocupación | política |
Premios
|
Filla do exgobernador tsáchila Héctor Aguavil, asasinado en febreiro de 2018,[5] estudaba o primeiro semestre de Parvularia do "Instituto Japón" cando se presentou como líder do grupo indíxena. Antes fixera nove semestres na Universidade UTE en Hotelaría e Turismo.[1] Nas eleccións de agosto de 2018, recibiu máis votos ca os seus dous contrincantes e a súa vitoria foi recoñecida polo Consello Nacional Electoral do estado ecuatoriano.[6] Sucedeu a Javier Aguavil.[2]
En abril de 2019, a Asemblea Nacional de Ecuador condecorouna cun recoñecemento ao mérito social polo cargo obtido, e ademais recibiu un Acordo Lexislativo no cal se exalta a súa valía e traballo e se recoñece a súa invariable disposición e entrega a prol do colectivo fronte ao individuo.[7] Este premio entregouse no marco da tradicional festa do Kasama, que enxalza os valores identitarios do pobo tsáchila.[8][9]
É membro do partido político Alianza Tsáchila.[1] Ten unha filla.[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.