diario oficial de Galicia From Wikipedia, the free encyclopedia
O Diario Oficial de Galicia (DOG) é o diario oficial da Comunidade Autónoma de Galicia, onde se divulgan con carácter oficial as normas xurídicas e outros actos da administración e do goberno galego para que produzan os efectos xurídicos correspondentes.
Diario Oficial de Galicia | |
---|---|
Tipo | Diario oficial |
Fundación | 1 de decembro de 1978 |
Propietario | Xunta de Galicia |
Redacción | Unidade Administrativa DOG |
Lingua | lingua galega e lingua castelá |
ISSN | 2253-8046 |
Na rede | |
http://www.xunta.es/diario-oficial, https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia e http://www.xunta.es/consulta-do-dog | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Naceu ao abeiro da administración autonómica, publicándose o primeiro número o venres 1 de decembro de 1978.[1] Até 1982 denominouse Boletín Oficial da Xunta de Galicia.[2] A partir do ano 2009, cando contaba con 800 subscritores, estudouse a posibilidade de deixar de imprimilo en papel. Finalmente, o artigo 13 do Decreto 198/2010 conferiulle á edición electrónica do DOG o carácter de "oficial, auténtico e único", e dende o 2 de maio de 2011, deixouse de imprimir en papel, existindo só a versión dixital dende entón.[3][4]
A Unidade Administrativa do Diario Oficial de Galicia está adscrita á Consellería de Presidencia e ten a súa sede no Edificios Administrativos de San Caetano en Santiago de Compostela.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.