Dicionario electrónico
dicionario gravado como datos dixitais consultabel en liña ou a través doutro dispositivo / From Wikipedia, the free encyclopedia
Un dicionario electrónico é un repertorio lexicográfico (véxase dicionario) accesible mediante a Internet. Segundo os criterios utilizados poden incluír maior ou menor información lingüística, existindo desde simples listaxes de palabras, a dicionarios con explicitación da categoría gramatical, inclusión da definición, repertorio fraseolóxico, organizados terminoloxicamente (como unha nomenclatura botánica ou zoolóxica como a Wikiespecies) ou con nomes propios.
Entre as utilidades coas que contan están:
- Suxestión de formas semellantes á buscada (normalmente propostas cando non aparece no repertorio);
- Vencellos con sinónimos, antónimos e onomasiolóxicos;
- Vencellos dende as propias palabras da definición;
- Flexionador (de xénero, número e caso para substantivos e adxectivos ou conxugación de tempo verbal, modo verbal, aspecto ou voz para verbos);
- Con interpretación das formas flexionadas preguntadas;
- Editable polos usuarios (coma o Galizionario);