Die Antwoord
From Wikipedia, the free encyclopedia
Die Antwoord (afrikaans: di'ɑnt.ʋoːrt, "A Resposta") é un grupo de música rap-rave surafricano formado en Cidade do Cabo no ano 2008. Os membros do grupo son Ninja, Yolandi Visser (estilizado como Vi$$er) e DJ Hi-Tek. O estilo visual e musical deste grupo incorpora elementos da subcultura "zef", unha cultura descrita como moderna e vulgar, que se apropia de elementos culturais descartados e anticuados.[1][2] As letras das súas cancións están en afrikaans, xosa e inglés.[3][4]
Die Antwoord | |
---|---|
Orixe | Cidade do Cabo, Suráfrica |
Período | 2008– |
Xénero(s) | hip hop, rave |
Membros |
|
Na rede | |
https://home.dieantwoord.com/ e https://www.dieantwoord.com/ | |
Die Antwoord publicou o seu álbum de estrea $O$ no 2009 de forma gratuíta. Tras firmar por un breve período de tempo co selo Interscope Records, no ano 2011 fundaron o seu propio selo Zef Recordz, publicando dous álbums máis titulados Ten$Ion (2012) e Donker Mag (2014).