Disolución da Unión Soviética
From Wikipedia, the free encyclopedia
A disolución da Unión Soviética produciuse o 26 de decembro de 1991. Foi o resultado da declaración número 142-H do Soviet polas "Repúblicas" do Soviet Supremo da Unión Soviética. A declaración recoñeceu a independencia das antigas Repúblicas da Unión Soviética e a creación da Comunidade de Estados Independentes (CEI), malia que cinco dos signatarios asinaron moito despois ou nunca chegaron a facelo. O día anterior, o presidente soviético Mikhail Gorbachev, o oitavo e derradeiro líder da Unión Soviética renunciou, declarou o seu cargo extinto e pasou todos os seus poderes, incluíndo o control dos códigos dos mísiles nucleares, ó presidente ruso Boris Eltsin. Esa mesma tarde, ás 7:32, a bandeira soviética ondeou por última vez no Kremlin de Moscova e foi substituída pola Bandeira de Rusia pre-revolucionaria.
Disolución da Unión Soviética | |
---|---|
Animación mostrando no mapa os sucesivos cambios da disolución da URSS | |
Data | 26 de decembro de 1991 |