Kremlin de Moscova
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Kremlin de Moscova (ruso: Московский Кремль, transliterado: Moskovskiy Kreml') é un conxunto de edificios civís e relixiosos situado no centro da cidade de Moscova, na beira do río Moscova que pasa polo sur, da Praza Vermella no leste e do Xardín de Alexandre no oeste.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Datos rápidos Concello, Provincia ...
Kremlin de Moscova | |
---|---|
parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade e patrimônio cultural nacional russo | |
Concello | Moscova |
Provincia | Moscova |
Comunidade autónoma | Rexión de Moscova |
Coordenadas | 55°45′06″N 37°37′04″L |
Estilo arquitectónico | |
Estilo orixinal | mestura (orixe: século XII-séculos XV e XVII) |
Estilo actual | mestura, elementos |
Estado actual | Restaurado. Visitábel |
Véxase tamén | |
Castelos de Rusia | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
Datos rápidos O Kremlin e a Praza Vermella de Moscova, Patrimonio da Humanidade - UNESCO ...
O Kremlin e a Praza Vermella de Moscova | |
---|---|
Vista aérea do Kremlin | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Rusia |
Tipo | Cultural |
Criterios | I, II, IV, VI |
Inscrición | 1990 (14ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 545 |
Pechar
O máis coñecido dos kremlins rusos e inclúe catro palacios e catro catedrais, agrupados no interior dun recinto delimitado pola muralla do Kremlin, que inclúe as torres do Kremlin. O seu nome transformouse dende a época da Unión Soviética en sinónimo do goberno de Rusia, de xeito semellante a coma ocorre coa Casa Branca para o goberno dos Estados Unidos de América.