Distribución de GNU/Linux
distribución de software baseada no núcleo Linux / From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha distribución de GNU/Linux, chamada tamén distribución Linux por abreviar ou distro de xeito coloquial, é un sistema operativo que pon en funcionamento GNU/Linux dun xeito concreto. As distribucións están compostas por un kernel de Linux cunha colección de múltiples utilidades, como o software do proxecto GNU, e aplicacións.[1][2]
As distribucións diferéncianse polas aplicacións que inclúen, a práctica de empaquetado e a instalación e xestión de aplicacións. Tamén polas súas ferramentas para a instalación do sistema operativo e o seu mantemento.[3] As distribucións desenvólvense ora ben para ser sistemas operativos xenéricos ora para cubrir necesidades dun grupo específico de usuarios. Son o modo habitual de instalar GNU/Linux.
Existen centos de distribucións.[4] Xa só entre as máis empregadas hai distribucións que están orientadas a seren sinxelas no seu uso acotío, como o son Linux Mint, Ubuntu e PCLinuxOS. Tamén hai outras, como Debian GNU/Linux, fedora e openSUSE, que son para usos máis avanzado de Linux. Algunhas outras, como Red Hat Enterprise Linux, SUSE ou CentOS, están orientadas ao uso en pequenas e grandes empresas.[5] Entre as demais distribucións hai outras que lle prestan atención a fins específicos, como é o caso da distribución galega Trisquel GNU/Linux que se enfoca en estar feita só con software libre.[6][7]