Distritos de Ruanda
From Wikipedia, the free encyclopedia
As provincias de Ruanda divídense nun total de 30 distritos que se fraccionan á súa vez en sectores ( imirenge, sing. umurenge), e estes en células ( utugali, sing. akagali) e no chanzo inferior sitúanse as aldeas ( imidugudu, sing. umudugudu).
Cada distrito conta cun consello de distrito electo que elixe un alcalde como cabeza do executivo do distrito . O consello é o responsable da execución dos plans económicos e de desenvolvemento do goberno. Non obstante, dende xaneiro de 2020 os tres distritos da cidade de Kigali [1], unha das provincias de Ruanda, deixaron de ser entidades legais separadas, con administradores executivos no canto de alcaldes e designados polo goberno nacional[2].
En lingua ruanda ao distrito denomínase akarere en singular e uturere en plural.