Dióxido de cloro
composto químico / From Wikipedia, the free encyclopedia
O dióxido de cloro é un composto químico coa fórmula ClO2 que existe en forma de gas verdoso amarelado por riba dos 11 °C, ou como líquido marrón avermellado entre os 11 °C e −59 °C, e como cristais sólidos de cor laranxa intensa por debaixo dos −59 °C. Normalmente manéxase como solución acuosa. Utilízase comunmente como lixivia. Desenvolvementos máis recentes ampliaron as súas aplicacións no procesamento de alimentos e como desinfectante.
Dióxido de cloro | |
---|---|
Dióxido de cloro | |
Outros nomes Óxido de cloro(IV) | |
Identificadores | |
Número CAS | 10049-04-4 |
PubChem | 24870 |
ChemSpider | 23251 |
UNII | 8061YMS4RM |
Número CE | 233-162-8 |
Número UN | 9191 |
MeSH | Chlorine+dioxide |
ChEBI | CHEBI:29415 |
Número RTECS | FO3000000 |
Referencia Gmelin | 1265 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 Image 2 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | ClO2 |
Masa molar | 67,45 g mol−1 |
Aspecto | Gas amarelo a avermellado |
Olor | Acre |
Densidade | 2,757 g dm−3[1] |
Punto de fusión | −59 °C; −74 °F; 214 K |
Punto de ebulición | 11 °C; 52 °F; 284 K |
Solubilidade en auga | 8 g/L at 20 °C |
Solubilidade | Soluble en solucións alcalinas e ácido sulfúrico |
Presión de vapor | >1 atm[2] |
kH | 4,01·10-2 atm m3 mol−1 |
Acidez (pKa) | 3,0(5) |
Termoquímica | |
Entalpía estándar de formación ΔfH |
104,60 kJ/mol |
Entropía molar estándar S |
257,22 J K−1 mol−1 |
Perigosidade | |
Pictogramas GHS | |
Palabra sinal GHS | Danger (perigo) |
Principais perigos | Moi tóxico, corrosivo, inestable, poderoso oxidante |
NFPA 704 | |
LD50 | 94 mg/kg (oral, rata)[3] |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
O produto milagre pseudomedicinal MMS ("Miracle Mineral Supplement", Suplemento Mineral Milagroso), que está prohibido en España, contén clorito de sodio e cando se prepara de acordo coas instrucións que se dan, produce dióxido de cloro.