From Wikipedia, the free encyclopedia
As doenzas tropicais son doenzas infecciosas que son especialmente prevalentes en rexións tropicais e subtropicais. As doenzas son menos prevalentes en climas tépedos, debido en parte á existencia dunha estación fría que controla a poboación de vectores artrópodos ao forzalos a hibernar.[1] Insectos como os mosquitos e as moscas e arácnidos como as carrachas son de lonxe os portadores de enfermidades ou vectores máis comúns. Estes insectos poden transportar parasitos, bacterias ou virus infecciosos para os seres humanos e os animais. Frecuentemente, a doenza é transmitida pola picada dun artrópodo que ocasiona a transmisión do axente infeccioso por medio de intercambio subcutáneo de sangue.
A exploración de selvas tropicais, a deforestación e crecente inmigración e tráfico aéreo internacional levou a unha incidencia progresivamente globalizada de tales doenzas.[2][3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.